Nacionalismo italiano

Bandeira de Italia.
O Altare della Patria en Roma.

O nacionalismo italiano é un movemento que cre que os italianos son unha nación cunha única identidade homoxénea, e polo tanto busca promover a unidade cultural de Italia como país. Dende unha perspectiva nacionalista italiana, a "italianidade" é definido como a afirmación da ascendencia cultural dos latinos, unha tribo itálica da Antigüidade, orixinaria de Lacio, que se converteu na dominante na Península Itálica e en gran parte de Europa. Debido a isto, o nacionalismo italiano tamén se adheriu historicamente a teorías imperialistas.[1] A versión romántica desta ideoloxía é coñecida como patriotismo italiano, mentres que a versión radical é coñecida como fascismo italiano.

A miúdo, considérase que a orixe do nacionalismo italiano está no Renacemento,[2] mais soamente xorde como forza política na década de 1830 baixo o liderado de Giuseppe Mazzini.[3] Serviu de causa para o Risorgimento nas décadas de 1860 e 1870. O nacionalismo italiano fíxose forte de novo durante a primeira guerra mundial coas reclamacións irredentistas a Austria-Hungría, e tamén durante a era do fascismo italiano.

  1. Aaron Gillette. Racial theories in fascist Italy. 2nd edition. Londres, Inglaterra; Nova York, Estado de Nova York, USA: Routledge, 2003. Pp. 17.
  2. Trafford R. Cole. Italian Genealogical Records: How to Use Italian Civil, Ecclesiastical & Other Records in Family History Research. Salt Lake City, Utah, USA: Ancestry Incorporated, 1995. Pp. 15.
  3. J. P. T. Bury, ed. The new Cambridge modern history: The zenith of European power 1830–70 1964. Pp. 224.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search